Saltar ao contido

Soiuz 33

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Soiuz 33
Logo da misión Soiuz 33
TipoTripulada
Data de lanzamento10 de abril de 1979, 17:34 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorSoiuz U[2][5]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2][6]
Duración da misión1,96 días[6]
Obxectivo da misiónAcoplamento coa estación espacial Saliut 6.[2][6]
Regreso12 de abril de 1979, 16:35 GMT[1][6]
NSSDC ID1979-029A
Masa6000,0 kg[2][5][6]

Soiuz 33 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 10 de abril de 1979 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][5]

Características

[editar | editar a fonte]

Soyuz 33, unha Soiuz modelo 7K-T cos cosmonautas Nikolai Rukavishnikov e Georgi Ivanov (primeiro cosmonauta búlgaro) a bordo, foi lanzada para acoplarse coa estación espacial Saliut 6 nunha misión do programa Interkosmos. O acoplamento fallou debido a un problema co motor principal da nave Soiuz : a 4 km de distancia da estación a nave acendeu o seu motor no que deberían ser 6 segundos de ignición, pero apagouse aos 3. O sistema Igla de acoplamento automático tamén fallou. Os tripulantes da estación, observando a manobra, informaron de lapas saíndo dos laterais do motor, polo que o control de terra decidiu abortar o achegamento e que a Soiuz 33 regresara a terra canto antes. A nave usou o motor de reserva, para o cal tiña que ter funcionado durante 188 segundos, período ao final do cal non se apagou automaticamente. Rukavishnikov e Ivanov, inseguros sobre se o motor funciora co pulo adecuado, o deixaron funcionar durante 25 segundos máis antes de detelo manualmente. Como consecuencia, a cápsula tripulada reentrou nun ángulo máis acusado do habitual, no que se denomina reentrada balística, sometendo aos cosmonautas a unha forza de ata 10 G. A cápsula tocou terra ás 16:35 GMT. O motor avariado non puido ser analizado debido a que a sección que o contiña foi exectada como parte normal do procedemento de reentrada atmosférica, polo que os enxeñeiros non conseguiron aclarar a orixe do problema e, temendo que fose un problema que tamén afectara á nave Soiuz 32 da tripulación en órbita na Saliut 6, decidiron enviar a nave Soiuz 34, non tripulada, como nave de substitución para os cosmonautas da estación.[2][3][4][5]

  1. 1,0 1,1 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ 33" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2017. Consultado o 10 de setembro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (21 de marzo de 2017). "Soyuz 33" (en inglés). Consultado o 10 de setembro de 2017. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Note verbale dated 13 July 1979 from the Permanent Mission of the Union of Soviet Socialist Republics to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (79-19421). 20 de xullo de 1979: 4. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de setembro de 2017. Consultado o 10 de setembro de 2017. 
  4. 4,0 4,1 Claude Lafleur (2017). "Soyuz 33" (en inglés). Consultado o 10 de setembro de 2017. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz 12, 17, 18, 21, 25 - 29, 31 - 40 (7K-T, 11F615A8)" (en inglés). Consultado o 10 de setembro de 2017. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2017). "Soyuz 33" (en inglés). Consultado o 10 de setembro de 2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]